Escoitar

O alcalde sinala que Vigo en Xogo é "referente imprescindible" no deporte da cidade

Caballero subliñou que case 3.000 xogadores de 228 equipos competirán esta tempada 2014/15 nalgunha das modalidades deportivas desta nova edición de Vigo en Xogo: fútbol 7, fútbol sala e baloncesto. O rexedor amosou o seu "recoñecemento" á organización e participantes polo seu "esforzo e entusiasmo" ao longo de todo o ano.

mércores, 1 out 2014
1412168586vigoenxogo.JPG
Vigo en Xogo é unha competición deportiva recreativa non federada para o fomento e a práctica do deporte amateur, iniciada no 1992 e organizada pola Agrupación Deportiva Vigo.

Do 4 de outubro ao 7 de xuño, case 3.000 xogadores pertencentes a 228 equipos competirán nalgunha das tres modalidades deportivas que ofrece Vigo en Xogo, en distintos campos de fútbol e pavillóns de toda a cidade. Como novidade no arbitraxe amateur, a organización esta tempada impartirá un curso básico de primeiros auxilios e reanimación cos tubos Guedel.

A organización prevé asemade celebrar, como nas outras tempadas, o Torneo de Campións na data da clausura e participar no mes de xuño no Campionato Nacional de Futbol 7, representando o Concello de Vigo e a esta Agrupación cunha selección de xogadores.
Descargar todas as imaxes