mércores, 1 out 2014
Tras a publicación dos orzamentos xerais do Estado para 2015, o alcalde asegurou ver "lagoas que me preocupan" nas partidas para Vigo, xa que non figuran o proxecto de Mayne para a estación de Urzáiz, o paseo de Samil, a nova Tesourería da Seguridade Social nin a reforma da Avenida de Madrid. Caballero denuncia ademais unha nova reducción da achega estatal para o MARCO.
mércores, 1 out 2014
Entre o 3 de outubro e 2 de novembro 35 locais do Casco Vello formarán parte da IX edición do Concurso de tapas VigoVello. O alcalde felicitou es a mañá aos organizadores durante a presentación en rolda de prensa desta iniciativa xa consolidada na cidade.
mércores, 1 out 2014
Caballero subliñou que case 3.000 xogadores de 228 equipos competirán esta tempada 2014/15 nalgunha das modalidades deportivas desta nova edición de Vigo en Xogo: fútbol 7, fútbol sala e baloncesto. O rexedor amosou o seu "recoñecemento" á organización e participantes polo seu "esforzo e entusiasmo" ao longo de todo o ano.
mércores, 1 out 2014
A Concellería de Igualdade pon en marcha unha nova programación para o Centro de Documentación Feminista e Casa das Mulleres que se realizarán durante o período de setembro a decembro de 2014.
mércores, 1 out 2014
A Casa das Artes acolle ata o 12 de outubro a exposición das obras do XIX Maratón Fotográfico de Vigo que se celebrou, dentro da programación das Festas de Veran os pasados días 2 e 3 de Agosto.