Caballero rubrica con Pedrosa o convenio de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico
Trátase dun acordo "da maior importancia para Citroën", que poderá ter aos seus proveedores preto, nos terreos da futura ampliación do PTL de Valladares, conveniado este mércores polo Concello e a Zona Franca. O acordo inclúe crear un espazo de co-working e a venda do edificio municipal de Areal para crear o Centro de Innovación Gastronómica de Galicia.
Abel Caballero explicou que a ampliación do Parque é un "novo paso importantísimo na garantía de que a automoción segue en Vigo", sumando o acordo que será rubricado próximamente para dotar á factoría de Balaídos de 50.000 metros cadrados máis en dirección a Matamá, segundo explicou. O alcalde avanzou que a tramitación puntual do PXOM para dar cabida á ampliación do PTL está xa en marcha.
Caballero rubricou este mércores o convenio coa delegada do Consorcio, Teresa Pedrosa, que inclúe habilitar -posiblemente no Auditorio Mar de Vigo- un espazo de co-working cedido polo Concello e xestionado pola propia Zona Franca e a Cámara de Comercio. Xunto a este "novo ámbito emprendedor en Vigo", o convenio asinado da comezo á valoración económica para a venda do edificio municipal de Areal ao Consorcio, onde se prevé asentar o Centro de Innovación Gastronómica de Galicia.
Descargar todas as imaxes