Escoitar

O Concello coopera na organización da IX edición do Concurso de Tapas VigoVello

Entre o 3 de outubro e 2 de novembro 35 locais do Casco Vello formarán parte da IX edición do Concurso de tapas VigoVello. O alcalde felicitou es a mañá aos organizadores durante a presentación en rolda de prensa desta iniciativa xa consolidada na cidade.

mércores, 1 out 2014
1412168549tapas.JPG
Acompañado dos responsables de VigoVello e dun nutrido número de hosteleiros, Abel Caballero presentou hoxe en rolda de prensa a IX edición do Concurso de Tapas VigoVello que se celebrará entre el 3 de outubro e o 2 de novembro. Nesta ocasión, o número de locais participantes é de 35, dez máis que o ano pasado, cando se repartiron máis de 35.000 tapas.

Tal e como explicaron os organizadores, Anxo Méndez e Itos Domínguez, xerente e presidenta de VigoVello, respectivamente, o gañador do concurso recibirá como premio un recoñecemento, un diploma e unha noite nunha casa rural. Os participantes que se decidan a votar e reúnan 12 selos ou máis entrarán nun sorteo de numerosos regalos e unha noite nunha casa rural.

O rexedor eloxiou aos organizadores dunha iniciativa hosteleira que xa está consolidada na cidade e que forma parte do "reto colectivo" de que o Casco Vello sexa un dos grandes centros de encontro de toda Galicia. A este respecto, explicou que o esforzo do Concello "non vai ter límite", explicando que se vai seguir a traballar na mesma senda de recuperación e rehabilitación, procesos aos que se sumará en breve, a posta en marcha do Barrio de O Cura, exemplificou.
Descargar todas as imaxes