Vigo opta a dous premios de accesibilidade tras investir máis de 155 millóns de euros
O Concello de Vigo presentouse a europeo Premio Cidade Accesible e ao nacional Raíña Sofía de accesibilidade cun proxecto integral e transversal de obras, iniciado en 2008, cun valor superior aos 155 millóns, que supuxeron melloras na accesibilidade de máis de 500 rúas da cidade. O edil de Fomento, David Regades, salientou a "aposta" do goberno local por un Vigo "sen barreiras".
Regades presentou en rolda de prensa un proxecto municipal composto maioritariamente por traballos xa concluidos, humanizacións principalmente, que integra asemade as obras en marcha, as pendentes de comezo, os proxectos en marcha e en licitación. Vigo formalizou a súa candidatura a ser unha das tres urbes que representen a España no certame europeo, ao tempo que opta ao Raíña Sofía de accesibilidade, de carácter nacional.
Como base da candidatura viguesa, o Concello argumenta o incremento nun 51% do número de prazas de aparcadoiro para persoas con discapacidade nos últimos 4 anos, que na actualidade ascenden a 567. Dende 2007 ata 2013 executáronse máis de 1.700 rebaixes de pasos de peóns, o que supón un investimento específico para esa faceta de máis de 2,3 millóns de euros. O goberno local tamén colocou máis de 3.000 bancos, ensanchou as beirarrúas de 510 viais e instalou semáforos acústicos intelixentes nas rúas para mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade visual.
Vigo explica no seu proxecto que se converteu na primeira cidade galega co 100 % da flota de autobuses urbanos accesibles, ademais de apuntar que o transporte urbano dispón dun servizo para persoas con mobilidade reducida. Por outra banda, dentro da estratexia transversal municipal, o goberno local abonda en que, entre 2009-2011, o Concello levou a cabo melloras de accesibilidade en instalacións públicas para non discriminar a ningún usuario, con percorridos específicos para persoas con discapacidade. No marco do Plan FEIL, Vigo foi a cidade que máis investiu no Estado en eliminación de barreiras arquitectónicas, ao destinar máis de 2.300.000 € en máis de 20 dependencias municipais. No 2011, Vigo inaugurou ademais o primeiro xardín sensorialpara persoas con discapacidade visual.
O concelleiro apuntou que, nesta última fase do proxecto de humanización, están previstas a finalización e realización de máis de 80 actuacións ata 2015, cun investimento de 24 millóns de euros. Comezouse ademais a executar un Plan de Mellora da Accesibilidade dos Percorridos Peonís en varios puntos, que inclúe ata 8 corredores urbanos. O primeiro corredor entrará en funcionamento en breve, a través das escaleiras mecánicas entre Porta do Sol e Abeleira Menéndez.
Antes de finais de ano coñecerase o nome das cidades premiadas, sendo Vigo a única cidade galega que se presenta, competindo con urbes como Barcelona, Valladolid, Valencia, Logroño, Elxe, Lleida ou Huesca, entre outras.
Descargar todas as imaxes