Escoitar

O Pleno aproba por unanimidade poñer en funcionamento a piscina do complexo da ETEA

Todos os grupos respaldaron esta mañá unha moción do PP na que solicitaba a apertura da piscina municipal do complexo polideportivo de Teis. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, avanzou que xa se está a traballar no concurso público para adxudicar a xestión do recinto.

luns, 29 set 2014
O Pleno do Concello deu luz verde hoxe luns a unha moción popular que solicita información sobre o procedemento que está a desenvolver o goberno local para abrir a piscina das instalacións deportivas da ETEA, en Teis. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, aclarou no seu turno de réplica que xa se están a realizar os estudos e traballos para sacar a concurso público a xestión do recinto. Ao final do debate plenario, todos os grupos coincidiron ao validar a conveniencia de poñer en marcha esta instalación deportiva.