Escoitar

O Concello adica 500.000 euros á contratación e mellora do emprego da mocidade

As empresas que empreguen ou convertan en indefinidos contratos temporais de mozos menores de 30 anos poderán acollerse as axudas á contratación e mollora do emprego xuvenil impulsado polo Concello e dotado con 500.000 euros. Así o explicou hoxe o alcalde nunha comparecencia na que lembrou o compromiso do goberno local co fomento do emprego na cidade.<br />

venres, 26 set 2014
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe axudas a contratación e mellora do emprego xuvenil por un importe de 500.000 euros. As achegas están destiñadas a menores de 30 anos empadroados en Vigo.

Tal e como explicou o rexedor, 200.000 euros están destiñados á incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos dirixidos a empresas que, independentemente da súa forma xurídica, tranformen en indefinidos os contratos xa formalizados, xunto coas súas prórrogas. As modificacións contractuais terán que estar comprendidas entre a data de publicación destas bases reguladoras (previsiblemente o mércores 1 de outubro) e o 15 deste mesmo mes. Resaltou a importancia deste programa no mantemento de postos de traballo.

Os outros 300.000 euros serán para incentivos ás empresas que contraten a desempregados menores de 30 anos, empadronados en Vigo e que accedan ao seu primeiro posto de traballo. A estas axudas poderán acollerse as contratacións que se realicen desde o inicio do prazo de presentación da solicitude ata o 15 de outubro de 2015.

Na Xunta de Goberno Local tamén se deu luz verde a dous convenios do Plan de Emprego 2014 para a potenciación do comercio. A agrupación de Comerciantes Zona Centro recibirá 50.000 euros para realizar 12 contrataciones, mentres que a Asociación de comerciantes da rúa do Príncipe, cunha subvención de 40.000 euros, creará 8 postos de traballo. Tal e como explicou o rexedor, o Plan de Emprego municipal permitirá xerar 160 postos de traballo a través de convenios para o que se investirá 1,2 millóns de euros.

Pavillón de Teis

A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ao proxecto de cuberta do Pavillón do Polideportivo de Teis. Cun orzamento de licitación de preto de 160.000 euros, trátase, explicou o rexedor, de reparar os desperfectos que causaron os temporais do ano pasado.

O rexedor temén deu conta do expediente de contratación do servizo de conservación e reposición das zonas verdes do Concello, así como o proxecto de renovación das redes de abastecemento na rúa Cantabria, entre a Avenida do Aeroporto e Ramón Nieto. O importe destes traballos ascende a 385.424 euros.