Escoitar

Caballero invita á cidadanía a sumarse á marcha solidaria de Aspanaex

O alcalde, a tenente de alcalde e os responsables e usuarios de Aspanaex presentaron este venres a 31ª edición da marcha, que terá lugar o próximo domingo, 5 de outubro, con saída e chegada no parque de Castrelos. Tanto Caballero como Silva eloxiaron o traballo da entidade e chamaron a sumarse a unha cita lúdica a prol dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual.

venres, 26 set 2014
1411733831aspanaex.JPG
O próximo domingo, 5 de outubro, partirá de Castrelos a tradicional marcha solidiaria de Aspanaex baixo o lema "Aspanaex ten marcha", en beneficio das persoas con discapacidade intelectual e co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e ás administracións sobre as necesidades e dereitos do colectivo.

Como explicaron os responsables de Aspanaex durante a presentación desta mañá, a organización agarda chegar este ano aos 3.000 participantes. Todos eles portarán o chamado "corazón solidario", que se adquire antes da saída no mesmo parque de Castrelos por un euro, e que dará dereito a entrar nun sorteo de regalos ao finalizar a marcha, de 9 quilómetros de lonxitude.

O percorrido parte e finaliza no auditorio do parque de Castrelos, pasando pola Avd. Castrelos, Praza América, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzaiz, Principe, Porta do Sol, Praza América e novamente a Avenida de Castrelos.
Descargar todas as imaxes