luns, 22 setembro 2014

Caballero eloxia o inicio da recuperación do Berbés, "unha débeda da cidade consigo mesma"

Concello de Vigo e Xunta de Galicia, como partícipes do Consorcio Casco Vello de Vigo, e a Universidade de Vigo asinaron este luns o protocolo de cesión de tres inmobles na praza do Berbés, que acollerán a nova sede da institución académica viguesa nun prazo aproximado de tres anos. Caballero recordou o investimento municipal no Casco Vello nos últimos anos, superior aos 30 millons de euros.

O alcalde propón á Xunta fixar unha achega máxima municipal ao transporte metropolitano

luns, 22 set 2014

Abel Caballero mantivo este luns unha reunión coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que abordaron un borrador de convenio presentado pola Xunta para a implantación do transporte metropolitano na área viguesa. O alcalde reclama que o texto inclúa un tope de aportación do Concello de Vigo, xa que asinar un acordo "sen saber a canto nos comprometemos sería unha irresponsabilidade".

Vigo e a cidade mexicana de Celaya formarán un "proxecto cidadán conxunto"

luns, 22 set 2014

Os respectivos alcaldes de Vigo e a cidade mexicana de Celaya coincidiron esta mañá ao augurar que hoxe, co acto de irmanamento de ambas localidades, "se inicia a senda dun camiño moi duradeiro". Deste xeito, suscribía Caballero as verbas do seu homólogo Ismael Pérez, antes da sinatura que formalizou este acordo de cooperación e que tivo lugar no Pazo Quiñones de León.