O alcalde apunta a Vigo como referente en proxectos cooperativos ciudadanos
Abel Caballero referiuse ao banco de tempo, ao intercambio de libros ou aos hortos urbáns como exemplos que fan de Vigo un referente en proxectos cooperativos cidadáns. Así o explicou hoxe venres durante a visita ao II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas que se desenvolve esta fin de semana no Edificio Municipal do Areal dentro do proxecto europeo Cooperland.
O proxecto europeo Cooperland, liderado por Vigo, organiza esta fin de semana no Edificio Municipal do Areal o II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas, co obxectivo de sentar as bases de iniciativas cooperativas e de economía social que se desenvolven ao marxa das estratexias de mercado. Tal e como detallou o rexedor, ao frente deste proxecto e xunto con Vigo, hai representantes de Roma (Italia), Leiden (Holanda), Ioánina (Grecia), Pula (Croacia), Tallin (Estonia), ademais doutras cidades de España
Caballero referiuse á cidade olívica como "unha boa mestra deste tipo de accións", aludindo aos bancos do tempo, ao intercambio de libros escolares, ou os hortos urbáns, aos que se sumarán un grupo de maiores da Universidade aos quae se lles vai facilitar en breve a parcela que solicitaron, engadiu.
Descargar todas as imaxes