O Concello amenizará a cidade na escala en Vigo do maior cruceiro do mundo
Abel Caballero anunciou hoxe xoves que o goberno que preside amenizará a cidade na primeira escala -o 27 de setembro- no porto vigués do "Oasis of the Seas", o maior transatlántico do mundo. O Concello reforzará os servizos de información e autobús turístico e disporá grupos folclóricos e música na rúa.
"É un día moi importante na cidade e no turismo da cidade", asegurou Abel Caballero, pois o Oasis of the Seas transporta a 8.500 persoas, entre turistas e tripulantes. O Concello está a organizar un "dispositivo especial" de información turística, incluindo un reforzo do bus turístico, e vai "amenizar a cidade" con grupos folclóricos. "Queremos que a cidade responda á expectativa e á demanda dos turistas, e se van atopar cunha cidade en festa", sentenciou o alcalde.