Caballero felicita á Cooperativa de Armadores pola súa "magnífica" labor coa pesca de Vigo
Caballero participou esta mañá na inaguración da exposición El arte de pescar coa que a Cooperativa de Armadores de Vigo arranca os actos conmemorativos do seu 50 aniversario que celebrará o próximo 2 de decembro. O alcalde loubou a traxectoria desta entidade pola súa "magnífica" labor coa pesca de Vigo.
O alcalde participou esta mañá na presentación dos actos programados para conmemorar o 50 aniversario da Cooperativa de Armadores de Vigo, que coincide o próximo 2 de decembro. Durante a inauguración da exposición El arte de pescar, Caballero eloxiou a traxectoria desta entidade pola súa "magnífica" labor coa pesca de Vigo. Na súa opinión, Arvi conseguiu consolidarse como cooperativa de "grandes buques de altura con barcos en todos os mares do mundo". Tamén aludiu á "súa grande capacidade de pesca, con prácticas sostibles".
Descargar todas as imaxes