Caballero anuncia buses nocturnos e lanzadeiras a Balaídos gratis pola Semana Europea da Mobilidade
Vigo súmase un ano máis a esta iniciativa coa gratuidade das liñas N1 e N2 esta fin de semana e co establecemento dun novo servizo de lanzadeiras de balde a Balaídos por mor do encontro Celta-Deportivo, o próximo martes. O Concello pretende trasladar a "importancia" de empregar o transporte urbano nas noites de ocio.
O Concello programa este ano novas medidas de fomento do transporte público no marco da Semana Europea da Mobilidade, que ten lugar entre o 16 e o 22 deste mes. Os autobuses urbanos nocturnos, as liñas N1 e N2, serán de balde as noites deste venres e mañá sábado para potenciar o uso do transporte público nas noites de ocio, segundo explicou Caballero.
Por outra banda, e por mor do derbi entre o Real Club Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña do próximo martes, Vitrasa e o Concello establecen un novo servizo de lanzadeiras a Balaídos. Deste modo, os usuarios poderán ir e volver ao estadio no autobús urbano vigués, directo e de balde.
Abel Caballero concluíu afirmando que, o ano pasado, 10.000 usuarios empregaron de media os buses gratuitos dispostos polo Concello pola Semana Europea da Mobilidade, e para "seguir apoiando ao transporte público".