O Concello achega 50.000 euros á Asociación de Comerciantes Vigovello para fomento do emprego
O goberno local aprobou unha achega de preto de 50.000 euros á Asociación de Comerciantes Vigovello dentro do plan municipal do fomento do emprego. Esta partida, indicou o rexedor, case se duplicou nos orzamentos municipais nos últimos tres anos, pasando de 2,6 a 5,5 millóns neste exercicio.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de colaboración coa Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello para a potenciación do comercio no casco histórico da cidade. Cun importe de preto de 50.000 euros, este acordo permite crear 8 postos de traballo (1 adminstrativo, 4 auxiliares e 3 ordenanzas). Tal e como indicou o rexedor, esta achega forma parte dos 5,4 millóns de euros que o orzamento de 2014 adica a fomento do emprego. Unha cifra que duplica á que había apenas hai tres anos, situada en 2,6 millóns. "Somos o Concello que máis adica a fomento do emprego de toda España, en termos per cápita", apuntou o rexedor.
Na Xunta de Goberno local tamén se deu luz verde á resolución do expediente de axudas municipais escolares de libros, material escolar e comedor para o curso 2014/2015, dirixidas a alumnos de centros públicos e concertados de educación infantil, primaria e secundaria. Tal e como explicou, aprobáronse 3.400 bolsas, cun investimento superior ao 1 millón de euros. Mil destas achegas son para libros e material escolar de alumnos de educación infantil, mentres que 2.387 son bolsas de comedor. Nestes momentos estánse asignando outras 405 que non poideron adxudicarse nesta tanda, polo que ao final "daremos 4.100 bolsas, sen listas de espera nin de comedor", indicou. A esta cifra hai que sumar outras 1.000 que se outorgan a través de Foanmpas, desde a Concellería de Educación polo que a cifra total é de 5.000, puntalizou.
Por outra banda, na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta da concesión de 14 licenzas de obra e 1 de actividade para un investimento de preto dun millón de euros.