martes, 23 setembro 2014

Caballero tralada á Xunta a necesidade de fixar una achega máxima de Vigo no convenio sobre o transporte metropolitano

martes, 23 set 2014

O alcalde de Vigo reiterou hoxe a súa disposición a aceptar que Vigo aporte 160.000 euros anuais ao transporte metropolitano sempre que esta cantidade figure como tope no convenio. Así llo trasladará por escrito á conselleira de Medio Ambiente e Infraestructuras, Ethel Vázquez coa que mantivo onte un encontro na Alcaldía para falar deste asunto.

O director da Coral Casablanca, representante vigués no padroado de Afundación

martes, 23 set 2014

Tras o consenso acadado polas tres forzas políticas con representación municipal, o alcalde de Vigo informou hoxe martes da designación de Óscar Villar como representante da cidade no padroado de Afundación. Villar é unha persoa "moi implicada no movemento cultural de Vigo", subliñou Caballero, quen avanzou que na seguinte Xunta de Goberno Local será aprobado o nomeamento.