Escoitar

O Concello respalda as pretensións dos armadores vigueses sobre cotas de captura

O alcalde deu apoio este martes a ARVI na súa intervención ante os representantes da Reunión Anual da NAFO. A entidade presenta os seus obxectivos de futuro e, sempre desde o respecto absoluto á sustentabilidade, Caballero ve aos armadores "cargados de razón" nas cotas que demandan para España e, polo tanto, para Vigo.

martes, 23 set 2014
1411473636arvi.JPG
A cita anual da NAFO no Auditorio Mar de Vigo -que se está a celebrar ao longo de toda a semana- e "da maior importancia" para a cidade, en verbas de Caballero, polo "peso sustantivo" que lle outorga a Vigo, que xa acollera en 2008 unha Reunión Anual da organización. Vigo, recordou o alcalde, é o "porto central" en materia de pesca en augas NAFO e coa súa presenza quixo respaldar as demandas dos armadores en materia de cotas de captura.
Descargar todas as imaxes