O Concello reforzará o comercio local coincidindo coa chegada dos 8.500 visitantes do Oasis of the Seas
Caballero avanzou hoxe xoves a batería de propostas diseñadas polo Concello para potenciar o comercio local durante a visita do Oasis of the Seas. Tamén se reforzará a información e o bus turístico, segundo explicou en rolda de prensa.
O Concello de Vigo vaise volcar coa chegada dos 8.500 visitantes que traerá a Vigo o Oasis of the Seas o próximo sábado 27 de setembro. Co obxectivo de reforzar o comercio local, o goberno local ten perfilado un programa de actividades que se desenvolverán simultáneamente en distintos puntos da cidade .
Desde as 12,00 ata as 17,00 horas, haberá exhibicións de oficios tradicionais na Praza da Constitución (palilleiras), na Praza da Princesa (cesteiros), en Príncipe (artesanía do vidrio) e Praza de Urzáiz (lutieres). Desde as 10,00 horas, a Porta do Sol acollerá unha exposición de traxes tradicionais e todo isto amenizado con actuacións musicais na Praza da Constitución, Porta do Sol, Praza de Urzáiz, e unha banda de música que percorrerá todo o Casco Vello e a rúa Príncipe durante a tarde. Ademais, o grupo de música e baile "Frores novas", a partir das 10,00 horas, actuará fronte ao Nadador, coincidindo coa saída do primeiro bus turístico.
Tal e como explicou o rexedor, repatiránse 5.000 folletos informativos nos aledaños da Estación Marítima, ademais de reforzar a información e o autobús turístico.