O goberno de Vigo rubrica o apoio a Conxemar con 100.000 euros
O alcalde de Vigo asinou este mércores o convenio polo que Conxemar recibe 100.000 euros do Concello como apoio á celebración da principal feira do conxelado do mundo. Caballero solicitou á Xunta de Galicia e ao Goberno de España un respaldo "con máis enerxía" ao certame e recordou que a aportación municipal é superior á dos gobernos estatal e autonómicos xuntos.
O acordo rubricado este mércores por 100.000 euros forma parte dos 1,2 millóns de euros que reserva o goberno local para a creación directa de emprego, que neste caso traducirase na contratación de seis profesionais de cara á celebración da feira. Caballero explicou que o Concello de Vigo conta en 2014 con 5,4 millóns de euros adicados ao fomento do emprego.
Descargar todas as imaxes