O Concello reclama a Fomento a cesión da Avenida de Madrid con fondos para o seu arranxo
O Pleno da Corporación deste luns deu luz verde á moción presentada polo grupo socialista solicitando ao Ministerio a transferencia da titularidade da avenida, coa súa correspondente partida económica para proceder á súa reforma. O Pleno tamén acordou pedir a Fomento a limpeza nos taludes e zonas limítrofes ao trazado ferroviario.
A reclamación socialista veu apoiada polos votos nacionalistas e, coa abstención do PP, solicita ao Ministerio que "axilice a xestión da transferencia da titularidade da Avenida de Madrid, coa súa correspondente dotación económica", que sería empregada para a humanización do principal vial de entrada na cidade.
O texto incide en que o Concello de Vigo realiza investimentos para o acondicionamento e axeitamento da Avenida pero aínda así sofre unha "marcada deterioración" e "necesita un gran proxecto de reforma". As normas de Fomento recollen que a transferencia dun vial a outra administración ten que ir acompañada dunha achega económica en función de distintos parámetros, como a lonxitude desta, por exemplo, argumento no que se basea a demanda viguesa. O Ministerio, pola contra, aduce a situación económica para negar o traspaso de recursos xunto á titularidade.
Trazado ferroviario
Tamén relacionada co Ministerio de Fomento, unha segunda moción presentada polo grupo socialista foi igualmente aprobada, desta volta por unanimidade, para instar ao departamento dirixido por Ana Pastor "a que realice labores de limpeza, roza e adecuación dos taludes e zonas limítrofes ao trazado ferroviario que discorre polo termo municipal de Vigo", xa que presentan "suciedade e maleza acumuladas".