venres, 3 out 2014
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de renovación das canalizacións de saneamento das rúas Mestre Chané e Montecelo Alto. A mellora suporá a substitución da rede soterrada de servizos, en mal estado, e acometerase aproveitando a obra que executa ADIF nestes viais, co obxectivo de minimizar as molestias aos veciños.
venres, 3 out 2014
Caballero amosou hoxe a súa confianza en que Vigo vai sair fortalecida da crise económica da que xa seu mostras de empezar a abandonar. Na súa intervención nas sextas Xornadas de Provigo, Vigo ante ou seu futuro, o alcalde avanzou a necesidade de que a acción dos gobernos actúe onde está a economía e a industria.
venres, 3 out 2014
Co apoio do Concello de Vigo, ASPANAEX celebra a súa 31ª Marcha, coa presenza de persoas destacadas da vida social, política e económica, que se suman este ano á proposta solidaria. A organización agarda conseguir o domingo o récord de asistentes.
ANUNCIO DE IGUALDADE
venres, 3 out 2014
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro OS NOVOS FEMINISMOS de carácter gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.
venres, 3 out 2014
O servizo de Normalización Lingüística programa para os vindeiros día de outubro o XVII Certame internacional de improvisación oral; cursos de sombras chinesas e un obradoiro de Slam (creación literaria e declamación.
Anuncio Transportes
venres, 3 out 2014
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 21 de outubro de 2014, incluído. A documentación requirida é a seguinte:
ANUNCIO DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO<br />
venres, 3 out 2014
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 26.09.2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 das AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO DA MOCIDADE VIGUESA as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 188 do 30 de setembro de 2014.