Este domingo, 5 de outubro, "ASPANAEX ten Marcha"
Co apoio do Concello de Vigo, ASPANAEX celebra a súa 31ª Marcha, coa presenza de persoas destacadas da vida social, política e económica, que se suman este ano á proposta solidaria. A organización agarda conseguir o domingo o récord de asistentes.
ASPANAEX celebra a 31ª edición da súa Marcha Solidaria, este ano co lema "ASPANAEX ten Marcha", para seguir sensibilizando aos cidadáns e administracións, dende unha visión alegre e esperanzadora, ao longo de 9 km de percorrido pola cidade de Vigo.
Percorrid:
Auditorio do Parque de Castrelos, Avenida de Castrelos, Praza América, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Príncipe, Porta do Sol, Elduayen, Pi y Margall, Praza América, Avenida de Castrelos, Auditorio do Parque de Castrelos.
Programa:
9:30 a 10:00 h. - Entrega do CORAZON SOLIDARIO no Auditorio do Parque de Castrelos a todos os participantes, que se poderá adquirir por tan só 1 euro. Este ano os usuarios do centro ocupacional de ASPANAEX, en C/Mestres Goldar de Vigo, interviñeron directamente na confección destes corazóns.
10,15 h.- Lectura do Pregón por parte de IRIA VARELA, xogadora do CELTA- Baloncesto; acompañan representantes da política e do deporte.
10,30 h.- Saída da 31ª Edición da Marcha Solidaria.
Ao finalizar a Marcha realizarase o sorteo de premios entre todos aqueles que adquirisen o seu "Corazón Solidario".
A chegada de todos os participantes da Marcha ao Auditorio do Parque de Castrelos será amenizada pola ESCOLA DE BAILE BAMBOLINA, con máis de 70 participantes.
Este ano espérase alcanzar o récord de asistentes. 3.000 persoas daranse cita para percorrer a cidade de Vigo, con destacados representantes da vida social, política e económica da nosa cidade, que uniranse a ASPANAEX nun acto lúdico, deportivo e solidario. Tanto Vigo coma o seu ámbito únense nesta gran festa organizada polos pais, nais e profesionais da Asociación.
Nesta edición, os fondos recadados irán destinados ao equipamento da Sala Multisensorial, que facilitará aos alumnos e usuarios un mellor desenvolvemento das súas capacidades intelectuais, mellorando así a súa calidade de vida e polo tanto a das súas familias.
A organización agradece tanto a colaboración coma a difusión de todas as entidades colaboradoras: colexios, institucións, empresas privadas, medios de comunicación, sen cuxa axuda non sería posible a organización da 31 edición da Marcha ASPANAEX.