Escoitar
ANUNCIO DE IGUALDADE

Obradoiro "OS NOVOS FEMINISMOS"

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro OS NOVOS FEMINISMOS de carácter gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.

venres, 3 out 2014
Inscrición previa desde o día 3 de outubro ata cubrir prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30 h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:30 a 14:30 horas. Dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos.

Contidos:
 A análise da desigualdade.A antropoloxía e o xénero: de onde procede a desigualdade entre homes e mulleres?. As achegas dende a antropoloxía feminista.
 Os novos movementos feministas: feminismo pos-colonial; ecofeminismo; feminismo queer e ciberfeminismo.
 Globalización e xénero. Retos de futuro: a economía feminista e a análise dos coidados.

O desenvolvemento do programa constará de 21 horas en total, distribuídas en 7 sesións de 3 horas de duración cada unha.

Período e horarios:os xoves desde o 23 de outubro ata o 4 de decembro de 17.30 a 20.30 h.

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20.
Máis información: www.igualdadevigo.org "