CONVOCATORIA PARA O ANO 2014 DAS AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO DA MOCIDADE VIGUESA<br />
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 26.09.2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 das AXUDAS Á CONTRATACIÓN E MELLORA DO EMPREGO DA MOCIDADE VIGUESA as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 188 do 30 de setembro de 2014.
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas as empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública que cumpran cos requisitos e obrigas establecidos nas bases reguladoras, a través dos seguintes programas de axudas:
I) Programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos (Programa ITIVI) realizados a persoas traballadoras menores de 30 anos (no momento da transformación da modalidade do contrato), empadroadas no municipio de Vigo, para prestar servizos no mesmo.
II) Programa de incentivos á contratación (Programa ICV), por conta allea, de persoas traballadoras menores de 30 anos desempregadas inscritas como demandantes de emprego na correspondente oficina do Servizo Público de Emprego, empadroadas no municipio de Vigo, para prestar servizos no mesmo, e que accedan ao seu primeiro emprego.
PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes contaráse a partir do día seguinte á data de publicación destas bases reguladoras e convocatoria no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra e ata o 16 outubro.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, segundo modelo normalizado (AnexoI), dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado ao "Programa de axudas municipais á creación de empresas" ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
INFORMACIÓN:
Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado. Praza do Rei, 1 – 4ª planta.
Tfno.: 986 810 232
As bases reguladoras das axudas e os anexos para a solicitude, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo e na web: www.vigo.org.