O Concello abre un prazo dun ano para adxudicar 28 vivendas municipais en República Arxentina
Abel Caballero informou este venres da aprobación do procedemento patrimonial para a venda destes pisos, declarados desertos na poxa pública anterior. Durante un ano, cada mes analizaranse as ofertas recibidas e actualizarase a información das vivendas que queden dispoñibles. O prezo, o mesmo do proceso anterior, oscila entre os 120.000 e os 205.000 euros para inmobles de entre 76 e 113 metros cadrados.
O alcalde informou dos principais asuntos abordados no Consello da Xerencia municipal de Urbanismo celebrado esta mañá, entre os que salientou o visto bo deste procedemento e do prego de condicións administrativas que o rexirán. O goberno local abre un prazo dun ano -a contar desde a publicación deste acordo nos boletíns oficiais- para que os interesados presenten as súas ofertas, que serán analizadas e resoltas mensualmente. Segundo informou Caballero, a medida que se vendan os pisos, a administración local actualizará a información dispoñible para a cidadanía.
O primeiro edil matizou que o prezo de venda dos 28 inmobles será o mesmo da poxa pública do pasado mes de xuño, que se saldou coa adxudicación de 12 vivendas, oscilando entre os 120.000 e os 205.000 euros. As propiedades ofertadas presentan superficies desde os 76 aos 113 metros cadrados, con dous ou tres dormitorios, baño e aseo.
Edificación
A Xerencia de Urbanismo tamén deu conta do informe técnico no que o goberno de Vigo solicita ao Ministerio de Fomento que rebaixe os límites de edificación nas zonas onde están os túneles da VG-20 (Valladares) e da AP-9 (Candeán e A Madroa), situadas actualmente en 50 metros. Trátase de afeccións, explicou Caballero, que frenan o desenvolvemento do Plan Xeral en máis de 20 hectáreas e quedarían fóra da ordenación 53 vivendas existentes e un equipamento escolar. Por todo isto, o Concello propón ao departamento estatal reducilos a 25 metros no caso dos pasos inferiores da AP-9 e a 10 metros no da VG-20.