Escoitar

Este venres comeza a programación de Vigocultura no Auditorio municipal do Concello

O venres día 3 comeza a programación municipal de artes escénicas, Vigocultura, no Auditorio Municipal, coa obra "Odeim" da compañía Cienfuegos Danza. A obra comezará ás 21:00h, e o prezo das entradas é de 8€; as entradas están á venda anticipada en servinova.com, no tlf 902.504.500 e na Central de Espectáculos, así como no despacho de billetes do auditorio dende unha hora antes.<br /> <br />

xoves, 2 out 2014
Como unha das novidades da programación deste trimestre, esta compañía contrátase a través de PLATEA (Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espacios de Entidades Locais), que ten como finalidade impulsar a programación conxunta coas compañías profesionais das artes escénicas polas entidades locais e o INAEM, para reactivar e enriquecer a programación cultural.

Máis información