CONVOCATORIA DO EXAME DE OBTENCIÓN DO PERMISO MUNICIPAL DE CONDUCIÓN DE AUTOTAXIS
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 21 de outubro de 2014, incluído. A documentación requirida é a seguinte:
-Pago das Taxas por dereito de exames.
-Unha foto actualizada en cor (deberá entregarse sen ningunha marca de grampa).
-fotocopia compulsada do DNI.
-fotocopia compulsada do carné de conducir (onde conste a data de expedición e a data de validez do BTP).
-certificado médico, expedido nos termos expresados no parágrafo d) do artigo 29 da Ordenanza Municipal de Autotaxi (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do anuncio).
O exame constará das seguintes partes:
-Coñecemento da Ordenanza Municipal de Autotaxi.
-Ubicacións de rúas e puntos de interese na cidade de Vigo.
-Itinerario a seguir entre dúas ubicacións do termo municipal.
-Real decreto lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.
-Lei 4/2013, de 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.
As probas realizaranse o DIA 27 DE NOVEMBRO DE 2014, na Casa do Concello ou na ubicación que se determine por esta Area, se o nº de aspirantes así o esixira. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo azul e carné de conducir.
As listas nas que se indicará o lugar de realización da proba, o horario no que cada solicitante debe presentarse á mesma e demáis circunstancias relacionadas, publicaranse no Taboleiro de Edictos, na páxina web do Concello (no apartado 'CONVOCATORIAS E SUBVENCIONS' da Sede Electrónica) e nas oficinas do servizo de Transportes nun prazo máximo de 15 días, unha vez que finalice o prazo para a presentación de solicitudes.