Medidas de tráfico para as datas de nadal

xoves, 11 dec 2003

O concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, anunciou que dende hoxe e ata o día 7 de xaneiro reabrirase ó tráfico rodado no treito de Urzáiz entre Hernán Cortés e Gran Vía, así como no sentido ascendente de Gran Vía entre Urzáiz e María Berdiales.Por tal motivo e dado que o tráfico polas rúas Hernán Cortés e Luis Braille verase disminuido sensiblemente, permitirase o estacionamento regulado por zona ORA en ámbalas dúas marxes das devanditas rúas e situaranse así mesmo as pertinentes zonas de carga e descarga.

Calviño avalía con Vitrasa e coa Federación de Veciños a campaña de Tráfico

venres, 14 nov 2003

O Departamento de Tráfico do Concello de Vigo estudiará a posibilidade trazada por Vitrasa de ampliar algúns dos espacios destinados a paradas de autobuses na cidade. Esta foi unha das peticións que o comité da empresa concesionaria de transporte público lle trasladou ao concelleiro Xulio Calviño ao longo dun encontro que mantiveron hoxe para evaluar o impacto no transporte público da campaña de tráfico iniciada polo Goberno municipal.