A policía municipal terá acceso á axenda de citacións dos xulgados de garda
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, asinou un convenio de colaboración co Ministerio e a Consellería de Xustiza, respectivamente, para a conexión da policía municipal á Axenda Programada de Citacións (A.P.C.) entre os xulgados de garda.
O obxecto do convenio asinado hoxe en Santiago de Compostela á facilitar o acceso da Policía Local á A.P.C. , desenvolvida polo Ministerio de Xustiza e implantada pola Xunta de Galicia, para axilizar a tramitación de causas xudiciais por delitos contra a seguridade do tráfico iniciados a partir de atestados da policía municipal.