Escoitar

Bando sobre instalación de mesas e cadeiras na vía pública

A Concellería de Mobilidade e Seguridade establece as normas sobre a instalación de terrazas con mesas e cadeiras en establecementos con actividade derivada da hostelaria

venres, 13 feb 2004
Ponse en coñecemento de todos os titulares de licencia de apertura de establecementos con actividade derivada da hostelaria, que desexen instalar no presente ano 2004 terrazas con mesas e cadeiras na vía pública, arrimadas ás fachadas dos seus establecementos, que deberán axustarse ás seguintes normas:

PRIMEIRA.- Períodos liquidatorios. (Ordenanza Fiscal 30):
Os interesados deberán solicitar coa suficiente antelación ó período estival (dentro do primeiro trimestre do ano) no Rexistro Xeral do Concello o correspondente permiso, especificando no momento de facer a autoliquidación o período polo que optan e para o que desexan obter autorización, e que queda establecido da seguinte maneira:

- Un trimestre.- O período mínimo liquidatorio para o que se poderá solicitar licenza queda fixado nun trimestre prorrogable, previa nova solicitude con suficiente antelación a súa finalización, por un novo trimestre, tralo pagamento de novas taxas.

- Un ano.- A elección desta opción dará dereito a ter instalada a terraza durante todo o ano (a vontade do interesado e en función das condicións climatolóxicas).

En evitación de innecesarios retrasos na tramitación, requerindolle documentación necesaria, o solicitante presentará xunto coa "solicitude-autoliquidación" no Rexistro Xeneral a seguinte documentación

SEGUNDA.- Documentación esixida :
O Rexistro Xeral, a súa vez, requerirá ó solicitante no momento de recoller a "solicitude-autoliquidación" la siguiente documentación:
- Fotocopia compulsada da Licenza de Apertura do establecemento, sen a cal non se admitirá a solicitude e non se outorgará a licenza.
- Nome comercial do establecemento.
- CIF ou NIF do titular do establecimento e teléfono de contacto.
- 1 fotografía onde poida apreciarse a lonxitude da fachada do local, e un esbozo indicativo da distribución das mesas ao longo da fachada.

TERCEIRA.- Autorización e distintivo:
O Concello tramitará todas as solicitudes que se presenten correctamente, e notificará as autorizacións concedidas, e entregará tamén un distintivo indicativo de que o local obtivo licenza para instalar a terraza polo período solicitado durante o ano en curso; distintivo que deberá ser visible dende o exterior do local, adherido á porta ou ao escaparate do local.

CUARTA.- Dimensións das beirarrúas:
Só se autorizarán as terrazas cando as beirarrúas teñan un ancho mínimo de 2,50 m. e haberá que deixar un espacio libre mínimo de 1,20 m. para o paso dos viandantes.
Así mesmo a colocación de toldos ou parasoles sobre as mesas non poderá sobresaír en ningún caso da superficie destas, e deberán ter una altura mínima libre de 2,20 mts. de xeito que non molesten aos peóns.

QUINTA.- Dimensións da terraza:
O número de mesas e cadeiras virá dado pola lonxitude da fachada do local, xa que só se autorizará a instalación da terraza diante da fronte da fachada do propio establecemento, sen que este espacio poida superarse en ningún caso, polo que a terraza non poderá ter máis mesas e cadeiras que as que admita a lonxitude da fachada do local.
Non se poderán colocar mesas e cadeiras en xardíns públicos ou comunitarios, nin espazos comúns, nin beirarrúas de enfronte , ou calquera outra zona que no sexa da exclusiva propiedade do titular do establecemento, ou estéa vinculada ao local que desenvolve a actividade, salvo en zonas peonais, nas que se estudiará a localización en cada caso e sempre fóra do horario de carga e descarga.

SEXTA: Elementos da terraza:
- Materiais: Os elementos que integren as terrazas (mesas, cadeiras e/o parasoles) deberán ser discretos e de materiais hixiénicos e sen arestas.
- Publicidade:
1.- Con carácter xeral, evitaráse no posible, utilizar mobiliario que faga publicidade de calquer tipo.
2.- Expresamente prohíbese instalar mobiliario que faga publicidade de calquer marca comercial nas seguintes zoas:
- En todo o Casco Vello.
- Alameda - Pl. de Compostela.
- Rúa Areal.
- Rúa Montero Ríos.
- Rúa Príncipe e alrededores do Museo Marco.
- Rúas peatonais do Casco Urbán da cidade.
- Tramo peatonal da Rúa Urzáiz no Calvario.

SÉTIMA.- Condicións xeráis básicas :
Serán condicións imprescindibles que terán que cumprir os titulares, unha vez obtida a licencia, as seguintes:

1.- Polas noites, e por razóns de seguridade e de estética, non poderán quedar na rúa nin as mesas nin as cadeiras amontoadas e suxeitas con cadeas, tendo que ser recollidas dentro do local ou noutro lugar, sen facer ruídos ao recolle-las e deixando o espazo ocupado pola terraza perfectamente limpo cada noite. De non facelo, retiraránse por persoal municipal e serán levadas aos almacéns municipais.

2.- Teráse especial cuidado de non interceptar coas mesas/cadeiras o paso natural de acceso aos portais de vivendas, nin zonas de lecer comunitarias, ou cualquera outras
que non sexan da exclusiva propiedade do titular do establecimento, ou estea vinculada ao local que desenvolve a actividade.

3.- Non poderán instalarse na rúa ningún tipo de aparello eléctrico, do tipo neveiras/xeladeiras, nin tampouco acústicos que emitan música dende o interior do local e coidarase especialmente de que en horarios nocturnos non se formen escándalos nin ruídos que podan molestar aos ocupantes das vivendas do edificio onde se atope o local.

OITAVA.- Sancións:
1.- A instalación de mesas e cadeiras sen a preceptiva autorización o sen axustarse en todo ás presentes normas, dará lugar á inmediata orde de retirada, en cuxo caso, de non retiralas os titulares, farano o persoal municipal por conta do interesado, sen prexuizo das sancións que proceda imponer.

2.- A Policía Municipal será a encargada de velar polo cumprimiento das presentes normas, e informará aos titulares dos establecementos sobre calquera cuestión que lles afecte ou estéan incumprindo, e comunicaránllo ao Departamento de Mobilidade e Seguridade, que tramitará o oportuno expediente sancionador e remitiralle ao titular da licenza de apertura do local, a oportuna liquidación polo importe das sancións que procedan .

Prégaselle a todos e todas interesados o máximo de colaboración no cumprimento das presentes normas, co fin de conquerir unha boa e eficaz xestión que redundará en ben de todos e todas.