Escoitar

Nova edición dos curso de Ciberlingua

O Concello de Vigo participa na nova edición de Ciberlingua, un programa de dinamización lingüística destinado á comunidade educativa baseado no coñecemento e difusión do emprego de internet e dos recursos que ofrece en galego. Este ano Ciberlingua tamén programa obradoiros destinados as asociacións de pais e nais e calquera outro tipo de asociación.

xoves, 12 feb 2004
1076598186imx1970.jpg
Ciberlingua pretende levar á escola a sociedade da información e comunicación a través de accións formativas dirixidas ao profesorado, pais e alumnado, á vez que se pretende lograr a normalización lingüística mediante a consolidación do galego como lingua habitual en todos os ámbitos comunicativos e tecnolóxicos.

Os contidos dos cursos que se realizarán nos meses de febreiro, marzo, abril e maio son aplicacións didácticas multimedia para profesorado; obradoiro de creación de materiais multimedia educativos, Clic e obradoiro de internet e xestión para asociacións.

Estes obradoiros son de balde e completaranse con actividades destinadas ao alumnado.

O número máximo de participantes por obradoiro será de 15. Os obradoiros para o profesorado serán homologados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. As persoas interesadas poden dirixirse á oficina de Normalización Lingüística do Concello. Tel: 986 810 281 ; ofi.normalizacion@vigo.org
Descargar todas as imaxes