Escoitar

O Concello propón a integración do conxunto de arte rupestre dos montes do Mouxo na Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do 26 de xaneiro de 2004, acordou solicitar á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a proposta da conce-llería de Patrimonio Histórico, o estudio e -se é o caso- a elaboración dun proxecto para a integración do importante conxunto de arte rupestre existente nos montes do sur do Conce-llo de Vigo (Coruxo, Oia, Saiáns, Valadares e Comesaña) na Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico (RGPA).

mércores, 11 feb 2004
1076506901MOURA.jpg
Petroglifo da pedra Moura en Coruxo
A proposta municipal vai dirixida a potenciar o patrimonio cultural desta zona, especial-mente os múltiples petroglifos que se distribúen na cadea montañosa coñecida como Mon-tes do Mouxo, mediante a súa integración como Área Arqueolóxica Visitable asociada ó Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, que é a cabeceira -no tocante á Arte Rupestre Galega- da RGPA que xestiona a Xunta de Galicia.

Os petroglifos son gravados sobre a rocha ó aire libre, realizados mediante piqueteado e/ou abrasión, formando un suco en "U" máis ou menos acusado. O repertorio de motivos repre-sentado neles é moi amplo: cazoletas, coviñas, combinacións circulares, reticulados, antro-pomorfos, zoomorfos, armas..., que poden permanecer illados ou formando complexas aso-ciacións. O seu significado é difícil, xa que son poucas e minoría as representacións identi-ficables.

No Concello de Vigo existe unha importantísima representación destes elementos, distri-buídos principalmente en toda a cadea montañosa que rodea á cidade e con especial rele-vancia nos montes do sur e nos concellos veciños de Nigrán e Gondomar. En Vigo é de salientar o da Pedra Moura, nos montes de Coruxo, polas súas dimensións e trazado. Na súa maior parte dátanse entre o III e II milenio a.de C., se ben existen gravados non prehis-tóricos, como cruces, ferraduras, taboleiros de xogo, que poden ir dende a romanización ata a Idade Media.

Nesta ampla zona -e no seu contorno inmediato- que o Concello de Vigo integrar na RGPA, están inventariados 50 petroglifos, dúas cavidades, seis castros, un túmulo megalítico, dúas villas romanas e a igrexa románica de Coruxo. Posúe ademais numerosos elementos do patrimonio etnográfico: grupos de muíños de auga tradicionais, cruceiros, hórreos... Ten ademais unhas extraordinarias calidades paisaxísticas e medioambientais, que veñen refor-zar e complementar o interese cultural e turístico da zona.
1076506901MOURA.jpg
1076506947muino.jpg
1076507011pedramoura.gif
Descargar todas as imaxes

Máis información