I foro de mulleres no século XXI
A alcaldesa Corina Porro e a concelleira da Muller, Lucía Molares participarán nos coloquios que se celebrarán no "Primeiro foro de mulleres no século XXI" que organiza a Asociación Provincial de Mulleres Empresarias de Pontevedra os días 19 e 20 de febreiro no centro Cultural Caixanova.
Segundo explicou hoxe na presentación a presidenta da Asociación, Teresa Vidal, o Foro é un encontro de mulleres e para mulleres , de carácter apolítico promovido pola APE, co obxectivo de reunir ao maior número de mulleres pioneiras nos seus respectivos sectores e poder ter un intercambio de experiencias.
Muller e Universidade; Muller e Solidariedade, Muller e Empresa, Muller na vida pública galega e Muller e poder político, serán as mesas redondas que comporán este encontro, no que participarán entre outras, as ministras Pilar del Castillo e Ana Pastor, así como a directora de orquestra Inma Shara ou a directora da Fundación Paidesa, Rosalía Mera.
Descargar todas as imaxes