Escoitar
Corina Porro e Xosé Manuel Barreiro asinaron hoxe o protocolo de colaboración para desenvolve-las actuacións, coas que remata o saneamento da cidade

Concello e Medio Ambiente investirán preto de 6 millóns de € no saneamento de Zamáns e Valadares

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, asinaron hoxe o protocolo de colaboración para levar a cabo as obras de saneamento das parroquias de Zamáns e Valladares. O proxecto conta cun orzamento total de 5.999.588 euros, que será financiado pola Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Vigo, e coa súa execución rematase co saneamento da cidade.

martes, 10 feb 2004
1076415422Dsc00006.jpg
Esta iniciativa ten como principal obxectivo dotar dun axeitado servicio de saneamento ás parroquias viguesas de Zamáns e Valladares. Con estas obras "queda totalmente resolto o saneamento da cidade", destacou a alcaldesa de Vigo, Corina Porro.

Proxectos

As obras de saneamento na parroquia de Zamáns consistirán na instalación de preto de 12.000 metros lineais de tubos e dun pozo de bombeo cun tanque de tormentas. Ademais, colocaranse arredor de 650 metros lineais de tuberías para recolle-los vertidos da parroquia de Zamáns para conectalos coa estación depuradora de augas residuais de Gondomar. Este proxecto, que ten un custo de 3.188.473 euros, será financiado integramente polo Concello de Vigo e dotará do servicio de saneamento a unhas 5.000 persoas.

Pola súa banda, a Consellería de Medio Ambiente financiará na súa totalidade a ampliación do saneamento da parroquia de Valladares, cifrado en 2.811.035 euros. Este proxecto comprende a instalación de máis de 15.200 metros lineais de tubos de colectores para recolle-las augas residuais das zonas de Cañoitas, Sobreira, Mancales, Olaso, O Padrón, As Regadas, Garrida e As Gándaras. Estas actuacións mellorarán o servicio de saneamento que se presta actualmente a unha poboación de preto de 1.500 habitantes.

Unha vez que se rematen as obras serán entregadas ó Concello de Vigo, que se fará cargo, a tódolos efectos, da explotación e mantemento das mesmas.
1076415422Dsc00006.jpg
1076415441Dsc00004.jpg
Descargar todas as imaxes