Escoitar

Construcción dunha rotonda na confluencia de Sanjurjo Badía

A Concellería de Mobilidade e Seguridade comunica que por mor da construcción dunha rotonda na confluencia das rúas Sanjurjo Badía, García Barbón e Xulián Estévez a partir do martes 10 de febreiro de 2004 ás 0,00 horas, e por un período aproximado de 3 semanas, o tramo da rúa Sanjurjo Badía entre García Barbón e Coutadas, quedará en sentido único ascendente con entrada dende García Barbón.

luns, 9 feb 2004
O itinerario alternativo para os vehículos que descendendo Sanjurjo Badía pretendan chegar a García Barbón establécese polas rúas Enrique Lorenzo, Santa Tegra, Guixar e Xulián Estévez.

Por tal motivo, as rúas Santa Tegra e Enrique Lorenzo establécense en sentido único de circulación dende Sanjurjo Badía ata Guixar.

As liñas de transporte público que se verán afectadas polas obras serán:
L17.- O sentido Centro-Teis farao subindo por Sanjurjo Badía dende García Barbón ata os Caños.
O sentido Teis-Centro non se modifica.
C3, C5 e L10.- O sentido Centro-Teis non se modifica.
O sentido Teis-Centro queda establecido baixando dende Sanjurjo Badía por Enrique Lorenzo, Santa Tegra, Guixar e Xulián Estévez para chegar logo a García Barbón.