Entrega de diplomas dos cursos "internet para todos"
<br /> A concelleira de Participación Cidadá, Lucía Molares, entrega os diplomas as persoas que asistiron ao curso de "Internet para Todos", celebrado en colaboración coa Asociación de Veciños de "Pontenova-Freixeiro".
A concellería ten na actualidade asinado co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, un proxecto de colaboración denominado "As novas tecnoloxías ó servicio da cidadanía do século XXI" proxecto aprobado dentro do Programa de Alfabetización Dixital, no que o Ministerio ten a disposición da concellería vinte (20) ordenadores portátiles para impartir cursos de formación en internet, así como a documentación necesaria para impartilos (libro e CD).
Estes cursos dunha duración de 15 horas permiten ós participantes introducirse na rede global "internet" e dun xeito básico coñecer e utilizar as principais ferramentas de que dispón internet como son a utilización do correo electrónico, a busca de información e sobre todo a utilización práctica da rede como servicio de valor engadido ás necesidades cotiás dos vigueses e viguesas.
Os diplomas que hoxe se entregan ten engadido un "carné de internauta", no que o propio Ministerio certifica a celebración do curso e a adquisición duns coñecementos básicos no uso de internet.