Aprobado o calendario fiscal
A Xunta de Goberno Local aprobou o calendario fiscal dos tributos de cobro periódico para 2004 e que ,segundo manifestou o voceiro da Xunta, José Manuel Figueroa, non sufre ningunha variación con respecto a outros anos.
Do 30 de marzo ó 31 de maio porase ó cobro o imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Durante o segundo trimestre entre o 1 de xuño e o 2 de agosto será o cobro da taxa de recollida do lixo e a exaccións unificadas industriais. O terceiro trimestre do ano do 1 de setembro ó 2 de novembro porase ó cobro a imposto sobre bens inmobles e o imposto de actividades económicas.
Por outra banda, a Xunta de Goberno a probou, na sesión que se celebrou o luns día 9, a convocatoria de subvencións para a organización de eventos deportivos que se desenvolvan na cidade durante o ano 2004 por parte de entidades deportivas sen fin de lucro.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o día 29 de outubro de 2004. As mesmas terán que facerse cunha anterioridade ó desenvolvemento do evento de polo menos 15 días naturais.
Descargar todas as imaxes