xoves, 12 febreiro 2004

O luns remata o prazo de inscrición para o concurso de comparsas

O próximo luns, día 16 de febreiro, remata o prazo de inscrición para o concurso de comparsas que se celebrará co gallo das festas do entroido que, un ano máis, organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural. As comparsas que concorran terán que participar nos desfiles do día 21 de febreiro, e no enterro do Meco, o 25 de febreiro, e contar cun mínimo de 20 integrantes.

Nova edición dos curso de Ciberlingua

xoves, 12 feb 2004

O Concello de Vigo participa na nova edición de Ciberlingua, un programa de dinamización lingüística destinado á comunidade educativa baseado no coñecemento e difusión do emprego de internet e dos recursos que ofrece en galego. Este ano Ciberlingua tamén programa obradoiros destinados as asociacións de pais e nais e calquera outro tipo de asociación.

Inauguración da Copa do Mundo de Saltos

xoves, 12 feb 2004

A alcaldesa, Corina Porro, inaugurou hoxe a Copa do Mundo de Saltos Hípicos que se celebra no recinto do IFEVI ata o próximo domingo. A alcaldesa destacaba no seu discurso de inauguración que " o éxito da reunión do público e o privado para conseguir para Vigo a celebración desta Copa do Mundo, é unha realidade que exemplifica un novo talante co que é necesario traballar".