Escoitar

Corte do tráfico rodado na vía de acceso a Ricardo Mella

A vía de acceso a Ricardo Mella permanecerá pechada ó tráfico dende o 16 de febreiro e por un período de catro meses.

luns, 16 feb 2004
A concellería de Mobilidade e Seguridade comunica que por mor das obras de construcción de paso inferior para o segundo cinto de Vigo, estará pechada ao tráfico a vía de acceso a Ricardo Mella dende o camiño do Caramuxo, dende as 00.00 horas do luns 16 de febreiro, por un período aproximado de catro meses.

As alternativas de tráfico para os vehículos que, circulando por Ricardo Mella, pretendan chegar ao camiño do Caramuxo, establecense polo primeiro cinto de circunvalación ata a avenida da Florida e xirando logo á dereita para chegar ao camiño do Caramuxo.