mércores, 18 febreiro 2004

Corina Porro avoga pola coordinación da policía local e a nacional para combater o vandalismo

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe a intención do Concello de Vigo de que a Policía Local e a Nacional realicen vixilancia nas zonas da cidade máis castigadas por actividades delictivas. A alcaldesa, trala celebración da Xunta Local de Seguridade e, acompañada polo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Alejandro Millán Mon, avogou por iniciar accións conxuntas coa Policía Nacional para combater o vandalismo e a inseguridade cidadá. "A cidade debe percibir que a Policía está ó seu servicio e garanti-los dereitos de todos", dixo a alcaldesa, quen engadiu que "coas reformas legais do Goberno central o estado de dereito se vai fortalecer".

O centro residencial de Barreiro estará construido no 2005

mércores, 18 feb 2004

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro e o director xeral adxunto de relacións Institucionais de Caixa Galicia, José Luis Álvarez Naveiro, mantiveron hoxe unha reunión para analizar o desenvolvemento do proxecto do centro residencial para persoas maiores que a entidade financeira está a construir nos terreos cedido polo Concello en Barreiro.

19 comparsas participarán no desfile do Entroido

mércores, 18 feb 2004

Un total de 19 comparsas participarán no desfile do concurso do Entroido 2004 que convoca a Concellería de Festas e Animación Sociocultural e que percorrerá as rúas viguesas. Esta mañá celebrouse no Concello o sorteo da orde do desfile.

Gran gala da campaña Siareiros

mércores, 18 feb 2004

A alcaldesa Corina Porro preside a "Gran Gala II Campaña Siareiros" da Fundación Vigo en Deporte na que se entregará as subvencións a 120 clubes de base.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 18 feb 2004

A xerencia municipal de urbanismo reunese o xoves, día 19, en sesión ordinaria a partir das dez horas. Entre os asuntos que tratará figura a aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora da inspección técnica de edificacións.