Corina Porro avoga pola coordinación da policía local e a nacional para combater o vandalismo
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe a intención do Concello de Vigo de que a Policía Local e a Nacional realicen vixilancia nas zonas da cidade máis castigadas por actividades delictivas. A alcaldesa, trala celebración da Xunta Local de Seguridade e, acompañada polo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Alejandro Millán Mon, avogou por iniciar accións conxuntas coa Policía Nacional para combater o vandalismo e a inseguridade cidadá. "A cidade debe percibir que a Policía está ó seu servicio e garanti-los dereitos de todos", dixo a alcaldesa, quen engadiu que "coas reformas legais do Goberno central o estado de dereito se vai fortalecer".
Corina Porro referiuse tamén á incorporación de 54 novos axentes á Policía Local. Deles, 30 atópanse no curso da Academia Galega de Seguridade, e incorporaranse en verán, e os outros 24 incluiranse na oferta pública de emprego do Concello para o ano 2004.
Durante a Xunta Local de Seguridade se fixeron públicos datos da memoria de actuacións da Policía Local de Vigo durante o ano 2003. O número de actuacións encomendadas ós axentes da policía na vía pública foi de 32.292. A maioría dos servicios realizáronse nos períodos comprendidos entre os meses de maio e novembro do ano pasado. Así, entre o 14 de maio e o 4 de xullo, a policía local realizou 4.646 servicios, os mesmos que entre o 4 de xullo e 25 de agosto, entre o 28 de agosto e 9 de outubro e o 10 de outubro e o 25 de novembro. Os períodos nos que se realizaron menos servicios foron os meses comprendidos entre xaneiro e abril.
Por outra banda, do total de servicios prestados pola Policía Local de Vigo durante o ano 2003, 2.039 teñen relación coa seguridade cidadá, 880 con reclamacións de danos, 700 con obras, 552 con controis e 507 co abandono de vehículos.
O número de accidentes de tráfico durante o 2003 elevouse a 5.261. En 3.575 deles rexistráronse danos materiais e en 1.686 houbo víctimas. Durante o ano, a Policía Local de Vigo realizou 546 controis de alcoholemia, 269 dos cales en accidentes de tráfico, e 277 a través de controis ou por infraccións.
Descargar todas as imaxes