Escoitar

A Policía Local abriu dilixencias a dous mozos por arrancar plantas das xardineiras na rúa pública

Axentes da Policía Local de Vigo abriron expediente sancionador durante a madrugada do pasado día 15 de febreiro a dous mozos que se dedicaban a arrancar plantas das xardineiras situadas no centro de Vigo.

martes, 17 feb 2004
Ás 3:55 horas do pasado 15 de febreiro, dous mozos, B.R.B, veciño de Vigo de 21 anos e outro mozo, tamén veciño desta cidade e menor de idade, atopábanse na rúa Policarpo Sanz, onde arrancaban plantas das xardineiras e as tiraban ó aire. Os axentes, que prestaban servicio nocturno na rúa Policarpo Sanz, identificaron ós autores no cruce da rúa Uruguai con República Arxentina e efectuaron as dilixencias oportunas para o Xulgado de Instrucción número 4.

Esta é a segunda vez nunha semana que a Policía Local inicia dilixencias a cidadáns por roubo ou vandalismo en relación coas plantas situadas na rúa pública. O pasado 8 de febreiro, outro xove foi identificado cando se dedicaba a roubar plantas das xardineiras de Policarpo Sanz.