Escoitar

O Concello solicita subvencións para obras nos mercados

A Concellería Comercio ven de presentar unha solicitude de subvención á Consellería de Innovación, Industria e Comercio para realizar investimentos nos mercados de O Progreso, Teis, Bouzas e Berbés, e segundo aprobou o luns a Xunta de Goberno Local.

martes, 17 feb 2004
1077030756mercado.jpg
Os investimentos previstos nos catro mercados ascenden á contía total de 90.631,25 euros. Xa que a cantidade máxima prevista no plan de axudas da Xunta de Galicia para cada investimento non poderá exceder do 70% da totalidade de cada proxecto, a Concellería de Industria e Comercio do Concello de Vigo asinará un convenio de colaboración con cada un dos mercados, para comprometer o resto do investimento.

As actuacións, consideradas de obra menor, refírense no mercado do Berbés á rehabilitación da fachada; no Progreso as obras serán de reparación de forxado; en Bouzas , construirase unha rampla de acceso para persoas con discapacidade e no mercado de Teis procederase á instalación de rexas nas ventás e de tubos de auga en aseos.
Descargar todas as imaxes