Escoitar

O centro residencial de Barreiro estará construido no 2005

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro e o director xeral adxunto de relacións Institucionais de Caixa Galicia, José Luis Álvarez Naveiro, mantiveron hoxe unha reunión para analizar o desenvolvemento do proxecto do centro residencial para persoas maiores que a entidade financeira está a construir nos terreos cedido polo Concello en Barreiro.

mércores, 18 feb 2004
1077113053maqueta.jpg
maqueta do centro
O proxecto residencial redactado polo arquitecto Cesar Portela permitirá á cidade dispoñer desta infraestructura nos primeiros meses do 2005. A inversión de Caixa Galicia para este novo centro, que dará emprego a mais de 80 persoas, é de 6 millóns de euros.

O centro terá unha capacidade de 150 prazas residenciais e 30 de centro de día. 60 destas prazas serán concertadas pola Consellería de Asuntos Sociais para atender ás persoas con maior necesidade en función dos baremos públicos. O Concello de Vigo disporá de 15 prazas subvencionadas.

O centro contará cunha zona de atención especializada, con consulta médica, sala de curas e enfermería, farmacia e área de rehabilitación, podoloxía e áreas de atención psicolóxica e social; unha zona residencial e de aloxamentos, con planta para usos xerais do centro e administrativa, e áreas para servicios como cafetería, sala de estar, peluquería, biblioteca e sala de reunións.

O centro estase a construir nunha superficie de 6.670 metros cadrados, rodeado de xardíns, dunha zona deportiva na que se instalarán campos de deporte ó aire libre e dunha praza pública de carácter urbano na que se emprazarán servicios e equipamentos públicos.

O edifico ten catro plantas: soto, baixa, primeira e segunda. Os materiais de construcción serán nobres e as técnicas garantirán a calidade, a conservación e o mantemento de edificio.
1077113053maqueta.jpg
1077113083barreiro1.jpg
Descargar todas as imaxes