xoves, 18 set 2003
O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transporte, Xulio Calviño, presentou a campaña"A cidade sen o meu coche" que se celebrará as días 21 e 22 de setembro e que este ano céntrase na "accesibilidade". "Consiste nunha xornada de concienciación dirixida á cidadanía para que reflexione sobre a utilización do vehículo privado", explicou Calviño.
xoves, 11 set 2003
A concelleira María Luísa Graña anunciou as medidas de tráfico que se producirán a partir do martes, día 16, con motivo do inicio da terceira fase das obras do aparcadoiro de Urzaiz e que afectarán o traxecto que media desde a Gran Vía ata María Berdiales.
xoves, 31 xul 2003
Por causa da celebración da procesión do Cristo da Victoria o vindeiro domingo 3 de agosto, o departamento municipal de tráfico cortará o tráfico nalgunhas rúas e prohibirá o estacionamento noutras.
venres, 18 xul 2003
Os policías municipais e os bombeiros que van participar nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros de Barcelona recibiron de mans do alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, a bandeira da cidade.
xoves, 10 xul 2003
A dirección de obra do aparcamento de Urzáiz solicitoulle á Concellería de Tráfico acometer unha obra que non estaba contemplada na programación autorizada e consensuada debido a que Telefónica lle obriga a construír un prisma de canalización de servicios no cruzamento das rúas Urzáiz con Cervantes.
mércores, 25 xuñ 2003
O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transportes, Xulio Calviño, reuniuse cos compoñentes do Club deportivo da Policía local que obtiveron postos destacados nos campionatos de España celebrados en Tarragona.
martes, 24 xuñ 2003
O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transportes, Xulio Calviño, visitou as obras do parking de Urzaiz e afirmou que pretende que a empresa tome medidas de organización visibles para os cidadáns como a limpeza, a mellora do estado do firme ou a colocación de valados que delimiten as zonas de paso.
luns, 23 xuñ 2003
O Servicio de Bombeiros revisa as solicitudes presentadas para realizar as fogueiras de san Xoán co fin de que se cumplan os requisitos esixidos desde o Concello de Vigo.
mércores, 18 xuñ 2003
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, e o concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, mantiveron unha xuntanza con altos mandos da Policía local para estudiar a creación de dispositivos especiais de tráfico de cara o verán.
xoves, 22 mai 2003
A Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes mercou un camión de bombeiros que dispón dunha escaleira que pode elevarse 33 metros, o que contribuirá a mellorar o servicio do corpo de Bombeiros. O investimento foi de 600.000 euros.