Escoitar

Comezo dos cursos de educación viaria para escolares

O concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, participou hoxe no colexio público Virgen del Rocio no inicio do curso de educación viaria que imparten policías municipais e que dura ata o mes de xuño do próximo ano. Nas clases infórmase ós alumnos sobre cómo andar seguros polas rúas, a manter limpa a cidade ou a usar o autobús.

luns, 13 out 2003
1066049100poli.jpg
Ilustración da unidade didáctica
Un total de 79 centros educativos formaran parte este ano dos Cursos de Educación Viaria na participarán 11.139 escolares dos ciclos de educación infantil e de primaria. No Curso explícaselles aos nenos as normas de circulación, como deben comportarse cando viaxan en coche ou bicicleta e tamén cando se desprazan a pé pola rúa. O Concello editou uns libros ilustrados con debuxos nos que, ademais de recollerse de forma amena todos estes contidos, danse recomendacións sobre normas de conducta en espacios públicos ou para previr accidentes de todo tipo. Os libros distribuiranse entre todos os alumnos do curso. As clases son impartidas por varios axentes da policía local.

Como novidade na programación deste curso incluíuse unha actividade práctica no parque infantil de tráfico do Castro, no que se acometeron obras de reforma nas instalacións anexas, dotándoas dun aula na que os alumnos recibirán unha breve charla teórica antes de realizar a práctica coas bicicletas.
Descargar todas as imaxes