martes, 14 out 2003
Sanidade e Medio Ambiente solicitarán unha subvención á Unión Europea para desenvolver o proxecto denominado Life de monitorización en continuo da calidade ambiental das praias de Vigo . As concelleiras e Medio Ambiente e Sanidade, María Xosé Porteiro e Belén Sío, explicaron que o proxecto consiste na instalación dunhas boias no mar con sistemas de análises de determinados parámetros que indican a calidade das augas de baño.
martes, 14 out 2003
A Concellería de Cultura pon en marcha o operativo para desenvolver o proxecto "Fala ISS.Conversa con Pedro Duque" que terá lugar o domingo 26 de outubro dende o VERBUM. Esta iniciativa parte da Axencia Espacial Europea ó proponerlle a colaboración ó Concello de Vigo para realizar unha actividade conxunta dende un centro como o VERBUM dedicado á palabra e á comunicación humana.
martes, 14 out 2003
A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez, ven de presentar a memoria de actividades do centro Cívico de Teis con motivo do primeiro aniversario da posta en servicio do centro. Segundo a concelleira o "centro é un espacio onde se fai patente a descentralización sociocomunitaria no municipio, que sirve para a participación e a convivencia cidadá a través do diálogo e as prácticas asociativas e culturais".
martes, 14 out 2003
Patrimonio Histórico oferta ós colexios actividades no Centro de Artesanía Tradicional, dentro dun programa feito expresamente para os alumnos de seis a catorce anos que lles permitirá coñecer e participar do patrimonio cultural dos oficios artesáns.