O Concello ordena executar a sentencia que anula a concesión de licencia do apartahotel de Samil
O concelleiro de Urbanismo, Mauricio Ruiz Ceniceros, ordenou hoxe á oficina de Disciplina Urbanística da Xerencia de Urbanismo que proceda a incoar e tramitar o correspondente expediente de execución da sentencia firme dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 28 de xaneiro de 1999, confirmada por outra do Tribunal Supremo do 27 de decembro de 2002, que anulaba a licencia de obra outorgada en 1994 á promotora M. Casal Carreira S.A. para a construcción dun hotel-apartamento na Avenida de Samil e ordenaba directamente a demolición do edificio.
Actualmente, estase a tramitar un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional no que a promotora M. Casal Carreira S.A. solicita a anulación da mencionada sentencia do TSXG, así como a suspensión cautelar da orden de derribo. O Tribunal Constitucional aínda non se pronunciou a este respecto, pero con dato do 31 de xullo de 2003, o TSXG dictou un auto polo que considera que o recurso de amparo non impide a execución da sentencia, en tanto que o TC non acorde expresamente a suspensión da súa execución, por iso ordena ao Concello de Vigo a executar a orden de derribo e que nun prazo dun mes notifique á Sala os actos levados a cabo para realizar o derribo, así como os nomes dos funcionarios e autoridades responsables.
Ante esta situación e confirmados polos informes obrados no expediente a obriga do Concello de Vigo a proceder a inmediata execución da sentencia, co perigo de que as autoridades responsables puideran incorrer en responsabilidade administrativa, o concelleiro de Urbanismo procedeu hoxe a incoar un proceso administrativo de execución de sentencia contra as edificacións litixiosas, no que se concederá un prazo aos propietarios do inmoble para que se desaloxen e derriben as edificacións. A instrucción deste expediente deberá sustanciarse pola vía de urxencia.
No caso de incumprimento por parte dos propietarios, o Concello redactará de oficio o por contrato de asistencia técnica un proxecto de derribo que deberá ter, a súa vez, aprobación municipal.
Os antecedentes desta situación remóntanse ao 3 de xuño de 1994, cando a Comisión de Goberno acordou a autorización a Promociones M.Casal Carreira S.A. a construcción dun hotel-apartamento na Avenida de Samil, composto de dous sotos para garaxe, apartamento e planta baixa e 5 bloques de catro plantas e aproveitamento baixo cuberta, integrado por 180 unidades destinadas a hotel-apartamento.
Con data de 1 de xuño de 1995 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou sentencia firme pola que declarou a nulidade do Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1993, no ámbito da Avenida de Samil e no referente a que a posibilidade de construcción de edificios hoteleiros quedaba prohibida. Esta sentencia foi confirmada por outra do Tribunal Supremo do 29 de xaneiro de 2001.
Con data do 28 de xaneiro de 1999, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou sentencia firme pola que anulou a licencia de obra outorgada a promocións M. Casal Carreira S.A o 6 de xuño de 1994, ordenando directamente a demolición do edificado.
Descargar todas as imaxes