Escoitar

O Alcalde inaugura un seminario de entidades non lucrativas

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asegura que unha sociedade é xusta e solidaria cando é capaz de tecer e implicar a distintos colectivos na busca de melloras sociais. Así o manifestuo durante a apertura do Seminario de Entidades Non Lucrativas organizado pola Asociación de Xordos de Vigo que se desenvolve no Centro Social Caixanova.

venres, 10 out 2003
Pérez Mariño agradeceu aos organizadores o esforzo que fan para integrar a colectivos menos favorecidos na sociedade e engadiu que iniciativas coma este seminario evidencian que estes grupos dan un salto cualitativo cara adiante aportando proxectos e iniciativas que redundarán en melloras para todos. A intervención do Alcalde estivo precedida pola do presidente da Asociación de Xordos de Vigo, Andrés Olivares; polo vicepresidente da Federación Galega de Asociacións de Xordos, Xermán Rodríguez; o delegado da Consellería de Asuntos Sociais, Joaquín Macías e a concelleira do Partido Popular, Lucía Morales.

O obxectivo das xornadas, que rematarán mañá, é facilitar o ceñecemento do novo marco legal que afecta ás asociacións e demais entidades sen ánimo de lucro, o novo imposto de sociedades e os posibles cambios e transformacións que se poden producir nestes colectivos.