mércores, 8 outubro 2003

O alcalde visita a Cidade Universitaria

Domingo Docampo, Rector da Universidade, recibiu esta mañá o alcalde Ventura Pérez no campus Lagoas-Marcosende para amosarlle a Cidade Universitaria e as novas dependencias do Rectorado emprazadas alí. Durante o paseo, no que estiveron acompañados en todo momento polo vicerrector de Planificación Alberto Gago Rodríguez, polo concelleiro de Patrimonio Xosé Carlos Arias e polo xerente de Cidade Universitaria Rafael Núñez, puideron contempla-las diferentes infraestructuras concibidas polo arquitecto Enric Miralles ó servicio da comunidade universitaria.

A Concellería de Comercio aposta pola viabilidade do Mercado do Berbés

mércores, 8 out 2003

O concelleiro de Comercio, Lois Pérez Castrillo, realizou unha visita de inspección ó Mercado do Berbés para constatar o estado das instalacións do mesmo e as obras realizadas recentemente no mesmo.O concelleiro estivo acompañado da presidenta da Asociación de Comerciantes do mercado, María Teresa Vázquez e a xerente do mesmo, Inmaculada Marín Gómez.

Abrese o prazo do cursos da Concellería da Muller

mércores, 8 out 2003

A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos "Corpo-palabra.Emoción e Movemento.Autoestima-identidade e saúde " e "Adestramento da Memoria" que se celebrarán a partir do 22 e 23 de outubro.

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 8 out 2003

A Xerencia de Urbanismo celebra reunión o xoves, día 16, a partir das dez da mañá , con oito asuntos na orde do día entre os que figura a reclamación de cumprimento do convenio entre o Concello e a congregación de relixiosas de San José de Cluny.