Abrese o prazo do cursos da Concellería da Muller
A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos "Corpo-palabra.Emoción e Movemento.Autoestima-identidade e saúde " e "Adestramento da Memoria" que se celebrarán a partir do 22 e 23 de outubro.
O curso "Corpo-palabra. Emoción e movemento. Autoestima-identidade e saúde" está dirixido a mulleres maiores de 18 anos e trata de mellorar a calidade de vida, previr e coidar a saúde emocional, estimular o creativo e potenciar as posibilidades de comunicación e integración. A duración do curso é de 30 horas e impartirase os mércores de 18:30 a 20:30 h. desde o 22 de outubro ó 17 de decembro de 2003 e do 7 de xaneiro ó 11 de febreiro de 2004.
O curso "Adestramento da memoria" ten como finalidade traballar as capacidades que se van perdendo e que mediante unha estimulación axeitada pódense recuperar e mesmo mellorar. Este curso está dirixido a mulleres maiores de 40 anos, ten unha duración de 30 horas e celebrarase os xoves de 17:45 a 19:45 h. no período do 23 de outubro ó 18 de decembro de 2003 e do 8 de xaneiro ó 12 de febreiro de 2004.
Os cursos impartiranse na Casa das Muller, rúa Romíl, 20-baixo. O prazo de inscrición é do 13 ó 20 de outubro de 2003, ambos inclusive e o lugar para formalizar a inscrición é na oficina da muller, 1ª planta do Concello de Vigo, Tfno. 986 810284.
Descargar todas as imaxes